Sábado.11_21h


aCadaCanto
Folk Galego


Vivimos nunha terra inzada de encrucilladas, cuadrivios ou 'catrocamiños', eses puntos de incerteza e de casualidade (ás veces, as cancións tamén transitan esas dúbidas antes de mutar á forma na que as coñecemos), máis é tamén verdade que hai encontros inevitables, coma os das augas dos regatos que se confunden nos ríos ao chegar á baixa dos vales. 

Somos urdime dun cesto que garda músicas compartidas dende hai tiempo. Guille e Guadi, Xabier e Xosé Lois; Guille e Xosé Lois, Guadi e Xabier. Foron tantas as partillas que decidimos ordenar esta nosa multiplicidade e converter esas duplas e triplas encarnacións en cuarteto, a forma tradicional. Os Beatles, os Gaiteiros de Soutelo... 

GUILLERME FERNÁNDEZ, GUADI GALEGO, XABIER DÍAZ e XOSÉ LOIS ROMERO

ou como os viaxeiros ás veces tropezan na encrucillada. Iso si, recoñecendo que saímos en tempo e velocidade axeitados para nos accidentar neste encontro. Imos sentar e facer unhas cancións antes de continuar camiño!





This entry was posted on sábado, 16 de junio de 2012 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.