Mércores.08_20h


Presentación Editorial
'Violetas' para dúas guitarras do Mestre Vide
por Javier Jurado



baixo o auspicio de




José Fernández Vide, "Mestre Vide" (Ourense 1893-1981) escribiu unha ampla e variada obra, sendo destacada a súa contribución á literatura pianística (sendo un avezado intérprete do instrumento), canción para voz e piano (especialmente destacada na súa contribución ao xénero da balada galega), música coral (como director do Orfeón Unión Ourensá e outras agrupacións), dúas zarzuelas galegas, música para banda e sinfónica, así como para agrupacións camerísticas diversas. Recuperado polo investigador Javier Jurado a inicios da década do 2000, publicou a súa música para piano, obra coral, cancións e zarzuelas baixo o auspicio da Deputación Provincial de Ourense, así como a quenda de valses "Violetas" (para dúas guitarras) coa editorial Dos Acordes e a Agadic da Xunta de Galicia. No relatorio, o investigador tratará sobre a vida e obra deste compositor, facendo fincapé nos criterios seguidos para a súa recuperación e difusión.

Javier Jurado é Titulado superior en música (especialidade frauta travesera), Licenciado en Historia e Ciencias da Música e Doutor pola Universidade da Coruña coa tese "A lenda de Montelongo: a zarzuela galega como manifestación cultural multidisciplinar na conformación do nacionalismo galego". Ademais de sobre a zarzuela galega investigou e publicou sobre as figuras do Mestre Vide, Bernardo do Río e Xan Viaño; tamén é destacada a súa contribución ao campo da pedagoxía musical. Dedicado profesionalmente ao ensino, foi profesor de educación musical en primaria, de música en secundaria e na Escola de Maxisterio de Vigo, prazas das que se atopa en excedencia. Na actualidade imparte clases de Historia da música no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

This entry was posted on domingo, 17 de junio de 2012 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.