Domingo.12_21h


MONTSERRAT TORRENT
Órgano | Música clásica

en coproducción con


Montserrat Torrent é catedrática emérita de órgano do Conservatorio Superior Municipal de Música de Barcelona. Efectúa regularmente os cursos universitarios internacionais de "Música en Compostela", e outras cidades españolas. Tamén imparte numerosas "Master-classes" en diversas cidades europeas. Foi convidada a formar parte de varios xurados (Nuremberg, Chartres, Lausanne, Bolton, Lübeck, Battipaglia, Avila, Cidadela, etc.).

Como concertista e pedagoga prodigou as súas actuacións en toda España, así como na maioría de países europeos, en México, Estados Unidos, Canadá, Arxentina, Uruguai, Marrocos, etc.

Rexistrou un gran número de gravacións en órganos históricos. O disco dedicado a Cabanilles, no órgano de Daroca, obtivo o "Gran Prix du Disque" de París.

Foi galardoada polo Goberno da Generalitat de Catalunya coa Cruz de San Jorge e o Premio Nacional de Música 1996. O Ministerio de Cultura concedeulle a Medalla de Prata do Mérito Artístico nas Belas Artes. O Concello de Barcelona outorgoulle a Medalla de Ouro ao Mérito Artístico.

É académica correspondente da Real de Belas Artes de Granada. Ten outorgada a Medalla do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e a Medalla Francesc Macià da Generalitat de Catalunya, esta última en premio á constancia e dedicación na súa actividade laboral, e foi nomeada Doutora Honoris Causa pola Universidade Autónoma de Barcelona.

Recentemente recibe o Premio de Música Francesc Pujol i Pons pola “Agrupació per al Foment de la Cultura Catalana“, e o Premio de Honra da Revista Musical Catalana.





This entry was posted on domingo, 17 de junio de 2012 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.