Mércores.08_21h



ZIDUR
Hermelindo Ruiz & Samuel Diz
Guitarra Clásica

ZIDUR é o encontro de dúas persoas para as que o Atlántico non é unha fronteira, senón unha unión. Unha unión que comeza no propio xogo de palabras, nos seus intereses e personalidades, así como no seu idioma: a música.

Ambos móvense na procura das raíces e identidade da súa sociedade, do seu patrimonio musical. Ruiz desde Porto Rico, Diz desde Galicia. Quizais como casualidade, se existen as casualidades, é o que leva a que ZIDUR signifique 'cicatrices' nunha ancestral lingua precolombina. Como dúo recuperaron páxinas descoñecidas ou esquecidas de Juan Francisco Acosta (San Sebastián - Porto Rico, 1890 - 1968) e José Fernández Vide (Ourense. 1893 - 1981).

En menos dun ano de existencia, a singular proposta artística ZIDUR xa foi presentada en diferentes festivais e salas de España, Porto Rico e Estados Unidos. Hoxe, Música no Claustro. Mañá? ... Novas paradas agardan 'on the road'.







This entry was posted on jueves, 21 de junio de 2012 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.