Venres.10_21h


ÁLTERUM COR
Dirixe Valentín Benavides
Música Clásica



Álterum Cor chega a Tui coma formación residente da 23ª edición do Curso de Dirección Coral 'Tamara Brooks' que organiza a Camerata ad Libitum. Cunha larga e dilatada experiencia dende 2005, ano no que se funda en Valladolid, son numerosos os concertos celebrados en festivais e salas de toda a xeografía española, italiana e grega, contando o mesmo tempo cunha larga lista de recoñecementos e premios.

Unha dos seus acenos de identidade son os concertos barrocos que até a data ofreceu no Real Colexio de Ingleses de San Albano (Valladolid), interpretando 'Te Deum' de Marc-Antoine Charpentier (2006), 'Réquiem en Fa M' (2007) e 'Credo en Fa M' (2010) de Antonio Lotti, diferentes oratorios, anthems e coros de óperas de George F. Haendel (2009), música sacra e escénica de Henry Purcell (2008), 'Magnificat RV 611' e 'Gloria RV 589' de Antonio Vivaldi (2010), un monográfico sobre Tomás Luis de Vitoria, incluíndo a Missa Prol Vitoria (2011) e un programa sobre música para as coroacións dos monarcas británicos (2012).





This entry was posted on martes, 3 de julio de 2012 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.