A forza da unión

Moi ledos de anunciar novos acordos que nacen nesta oitava edición, unha das prioridades marcadas o finalizar o festival 2011. Despóis de analizar e traballar en diferentes camiños, contamos en firme con dúas coproduccións xunto ao Curso de Dirección Coral 'Tamara Brooks' e Música en Compostela.



_Curso de Dirección Coral 'Tamara Brooks', que se celebra en Tui do 08 ao 15 de agosto, organizado pola Camerata Ad Libitum, baixo a dirección de Julio Domínguez. Unha edición que adican a recén finada Tamara Brooks, quen compartiu o seu coñecemento e experiencia cos centos de alumnos que asisten ano tras ano a esta cita. Grazas a eles teremos con nós a actuación de Álterum Cor.

_Música en Compostela. O mestre da guitarra española, Andrés Segovia, puxo a primeira pedra dunha das citas musicais máis emblemáticas do noso país, elixindo a maxia da capital de Galicia coma lugar de encontro. Despóis de 56º edicións, miles de músicos de cada rincón do mundo coñecen ese Canto de Ultreia que sona de forma obrigatoria coma canto de inauguración.

Agora e por fortuna, Música en Compostela trasládase por un día a Tui, cunha completa xornada chea de actividades que porán o punto e final de Música no Claustro 2012 cas verbas do ilustre tudense D. Enrique Jiménez e o concerto de órgano de Dna. Montserrat Torrent.



This entry was posted on lunes, 9 de julio de 2012 and is filed under ,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.