Sábado.11_20h


Ponencia

Viño e Música, collidos das mans
por Diana Balboa Alfaya


Dende os tempos da mitoloxía grega, a música e o viño viñeron coincidindo e combinándose en diferentes acontecementos ata os nosos días, principalmente formando parte da considerada festa, xunto ó bo comer e bo beber. Hoxe en día este paralelismo segue vixente, aumentándo, cada vez máis, o seu campo en novas investigacións e experimentacións que chegan ata o ámbito científico para indagar, entre outras cousas, sobre cómo chegan a influirse mutuamente e correlacionarse, especialmente dende a música cara ó viño.

No que compete á cultura vinícola e ó hábito arraigado na práctica social desta, estudos demostran cómo a música inflúe e chega a potenciar as propiedades do viño. Dende a perspectiva da musicología consideramos de gran interese este proceso de interconexión e influencia que se produce mediante un estímulo sonoro, sobre os sentidos dun suxeito, neste caso sobre o sentido do gusto.

Diana Balboa Alfaya
Tui, 1986. Comeza os seus estudos musicais de guitarra no Conservatorio Profesional de Música de Tui. Posteriormente continúa a súa formación na especialidade de musicoloxía no Conservatorio Superior de Música de Vigo e Lisboa. Actualmente ten un acordo coa Universidade de Oxford para investigar, no Laboratorio de Investigación Intermodal (Departamento de Psicoloxía Experimental) diversos temas relacionados coa influencia dos estímulos sonoros sobre os diferentes sentidos do ser humano

This entry was posted on martes, 3 de julio de 2012 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.