Xoves.09_21h

        


SPOKEN WORD' SERÁN
Mikey & Marçal Font Espi
Beatbox e poesía

'Verba falada' é a súa traducción literal. Dende Estados Unidos chega esta disciplina artística onde a verba transfórmase en melodía, o ritmo en performance... En teoría refírese ás obras ou interpretacións que consisten tan só ou fundamentalmente na labor dunha persoa falando como o faría de forma natural. Na práctica... mirarémolo na conxunción dun artista local, Mikey, xunto a Marçal Font, dende Barcelona.

Miguel González Diz [Mikey]
Natural de Tui (1992), é alumno de gaita e saxofón no Conservatorio Profesional de Música de Tui e forma parte de diversas bandas de música e de grupos recoñecidos dentro da música tradicional galega, como Moxenas Musical Galego. Dende pequeno un soño no seu interior... a búsqueda de sons e ritmos na súa propia boca... niso consiste o beatbox. Ese soño levouno a proclamarse Campión Galego de beatbox en 2010 e 2011.

Marçal Font Espí
Badalona, 1980. Libreiro de vello, filólogo e escritor. Fíxose un oco na escena contemporánea nacional de declamación poética, levando os seus propios versos a multitude de escenarios do país e participando tamén en diversos festivais literarios de España, Francia, Portugal e Hungría. En marzo de 2011 gañou o Campionato Nacional de Poetry Slam, e en xuño de 2012 representa a España no Campionato Mundial de Poetry Slam celebrado en París. Actualmente rexenta a súa propia libraría de vello en Badalona e traballa na recompilación de material histórico textual e sonoro para o estudo da historia da arte da declamación poética.








This entry was posted on martes, 3 de julio de 2012 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.