Seleccionados para o OFF CULTURGAL


MÚSICA NO CLAUSTRO PARTICIPA NO
OFF CULTURGAL 99% CREATIVIDADE

Música no Claustro acaba de ser seleccionado, xunto a outras oito propostas, para participares na segunda edición de Off Culturgal 99% Creatividade, un encontro informal e dinámico en formato de pecha-kucha dentro de Culturgal –Feira das Industrias Culturais de Galicia-, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra o vindeiro sábado 01 de decembro.

A organización de Música no Claustro toma esta selección con ilusión, coma un novo reto que tentarán afrontar con paixón e creatiVIDAde. Ao mesmo tempo, como un recoñecemento ao traballo realizado nos últimos anos e unha dose extra de motivación.

A revista galega de tendencias Disquecool, coordinadora da actividade e xurado dos proxectos presentados, salienta que 'aínda que o proxecto en si sexa importante, valoramos a capacidade de comunicación, a súa creatividade e o máis importante, a adaptación ao formato establecido: 6 minutos de intervención, máis tres minutos de preguntas do público, xunto a unha serie de 18 diapositivas de 20 segundos cada unha, que de forma automática irán sucedéndose na pantalla'.

This entry was posted on viernes, 9 de noviembre de 2012 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.