PechaKucha no Culturgal

Xa estamos listos para participar no PechaKucha organizado por Disquecool dentro da Feira Galega das Industrias Culturais. Exactamente será o sábado 01 de decembro ás 17.00 horas. Fai uns días camiñamos polas rúas de Pontevedra e toda a cidade está chea de carteis anunciando o CULTURGAL. Nós, xa coas tarefas feitas, agardando o momento para compartir toda a nosa ilusión, enerxía e creatividade cos presentes. Esperamos que o noso proxecto resulte do agrado dos participantes, e no próximo mes de agosto teñamos novos visitantes en Música no Claustro. Unha vez máis temos que agradecer o traballo, idea e orixinalidade do noso asesor de imaxe, Álvaro Reinoso, quen preparou as 18 imaxes que acompañarán á presentación do noso Director Artístico, Samuel Diz.

This entry was posted on miércoles, 10 de julio de 2013 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.