X Concurso de Corais - S. I. Catedral de Tui

Na tarde do domingo 16 de decembro celebrouse na S. I. Catedral de Tui a décima edición do xa tradicional Concurso de Corais. Unha cita musical na que seis coros se reuniron para interpretar tres panxoliñas cada un, marcando así o comezo destas especiais datas do Nadal. O acto, organizado pola S. I. Catedral de Tui e a Asociación de Amigos, contou coa ilustre presenza do Sr. Bispo Luís Quinteiro Fiuza. Leer máis...

O xurado, formado por Luz Mª Rodríguez Bello -pianista e directora coral-, Nuria Peláez Rodríguez -clarinetista e organista-, e Miguel Francisco Moreno Pérez -compositor e profesor do Conservatorio Superior de Música de Vigo-, destacou a alta calidade das formacións participantes, así como a súa variedade estilística e xeracional.


O Primeiro Premio, dotado con 500€, recaeu por unanimidade no Grupo Vocal Santa Eulalia de Mós, dirixido por Aloia Martínez, quen interpretou Noël Nouvelet (tradicional francés), Deck the hall en arranxo de Andrey Snyder, e Medianoite máxica, composición asinada por Anxo Abalde e Julio Domínguez. A calidade das voces dos seus integrantes, así como o equilibrio entre a rigorosidade e frescura das súas interpretacións, levaron á formación mosense ao máis alto do pódium.

Dúas formacións viguesas de recente creación recibiron segundo e terceiro premio, dotados con 300€ e 200€ respectivamente. O Coro de Cámara Gli Appassionati dirixido por Nuria Lorenzo, e o Coro Enarmonía, dirixido por Valentina Dolisnea.

Unha nova tarde musical terá lugar no interior da gótica catedral tudense. Será o domingo 23 ás 17h, onde se celebrará o XV Concurso de Panxoliñas, acompañado do fallo do XV Concurso de Beléns.



This entry was posted on martes, 18 de diciembre de 2012 and is filed under ,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.