Debate sobre Social Media no HIFA, en Zimbabwe

Música no Claustro viaxou lonxe, moi lonxe, nos últimos días. Foi na maleta do seu director artístico, Samuel Diz, quen recibiu o convite para participar nunhas xornadas de debate e intercambio multicultural con máis de cuarenta directores e xestores culturais de diferentes rincóns do planeta. O tema principal a tratar foi o uso da tecnoloxía (social media) na comunicación e financiación de diferentes proxectos culturais.

HIFA (Harare International Festival of the Arts - www.hifa.co.zw) é unha das citas culturais máis destacadas do sur do continente africano, reunindo durante seis días a máis de oitocentos artistas internacionais, xunto aos 60.000 asistentes de público. Unha festa das artes, onde a música convive co teatro, a danza coa poesía, a artesanía coa moda,...

This entry was posted on miércoles, 10 de julio de 2013 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.