Concerto | Aíd

Coa colaboración da Radio Municipal de Tui

En concerto, Aíd
Venres 09 de agosto, ás 21.00h · Claustro gótico (entrada libre até completar aforo)
Aída Alonso, artisticamente coñecida como Aíd é unha rapera, cantante e compositora de música urbana nada en Vigo en 1990. O seu contacto co hip hop chega aos 12 anos de man do grafiti. Sen consolidarse como graffitera, caen nas súas mans os primeiros discos de hip hop e música negra. O seu espírito expresivo e a súa afección a escribir poesía desde pequena inflúen en que empezo a compor e a gravar as súas primeiras cancións en 2003.

Unha intensa actividade comeza desde ese momento, con diversas publicacións, actuacións e recoñecementos. Aos 18 anos gaña o concurso Heineken Greenspace Festival, converténdose na primeira artista de hip hop e a máis jóven en facelo. Un salto importante na súa carreira, publicando o seu primeiro disco profesional "Xogando". En 2009 é elixida como artista emerxente en iTunes, e en 2011 compón a canción Apréndeo, coa que foi imaxe da Televisión de Galicia para a campaña Servizo Público.

Rapoemas, libro-disco baixo a Editorial Galaxia, é unha mostra da súa versatilidade estética, onde versiona clásicos da literatura galega como Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Curros Enríquez ou Álvaro Cunqueiro.

2013 é o ano de Hacer lo que quiero, o seu segundo álbum. As influencias van desde o hip hop ao jazz, funk, blues, soul, todo tipo de oldies, e todas as esperiencias e historias da súa vida que foron inspirando cada canción. Música positiva describindo unha vida real.

Ademais da música, Aid leva un programa de radio sobre música negra, organiza talleres de hip hop en escolas e está a estudar enxeñaría de Telecomunicacións.


This entry was posted on lunes, 8 de julio de 2013 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.