Baixo o auspicio de Xacobeo Galicia
"Nada me distrae Rosiña, a pena que por ti sinto, de día coma de noite.
Este meu corazonciño, contigo decote fala, porque o falar ben o sinto"
En concerto aCadaCanto, presentando A Rosa d'Adina
Sábado 10 de agosto, ás 21.00h · Claustro gótico (entrada libre até completar aforo)
www.musicasdesalitre.com
www.musicasdesalitre.com
O
pazo
de
Arretén,
a
igrexa
de
Bastavales,
Bonaval,
o
Santuario
da
Barca,
as
fontes
de
Ortoño
ou
os
regatos
de
Laíño...
cantar
a
Rosalía
é
como
regresar
á
segunda
metade
do
século
XIX
para
inzar
de
novo
esos
lugares
dos
cantares
que
ela
mesma
escoitou
e
que
inspiraron
esa
obra
da
que
celebramos
150
anos
de
gloria.
Aquela
lírica
lustrosa,
aguda,
amorosa,
desafiante,
divertida,
retranqueira...
que
inspirou
a
súa
escrita
nos
“Cantares
Gallegos”
nos
que
ela
mesma
recollía
coplas
populares
para
facer
medrar
a
poesía
dende
aquel
motivo
“anónimo”
popular
e
maravilloso.
Filla
e
nai
da
poesía
do
povo,
colleu
dese
cantar
colectivo
e
sen
nome
e
entregou
os
seus
versos
para
seren
logo
cantados
con
ese
espíritu
colectivo
e
anónimo...
non
hai
xeito
de
perpetuidade
máis
certo
e
máis
vivo.
A
nosa
humilde
empresa
como
músicos
de
hoxe
sexa
perpetuar
a
súa
palabra
precisamente
onde
reside
a
lírica
popular,
na
memoria
colectiva...
esa
que
sabe
e
ás
veces
non
sabe
de
quen
sabe...
cantemos
a
Rosalía
e
sexa
cantada
outros
150
anos!
aCadaCanto