Conferencia | A música na Guerra Civil Española

Coa colaboración da Biblioteca Municipal de Tui

Marco Antonio de la Ossa presenta A Música na Guerra Civil Española
Venres 09 de agosto, ás 20.00h · Sala capitular (entrada libre até completar aforo)
No ano 2009 a Universidade de Castilla-La Mancha edita “La música en la Guerra Civil Española”, tesis doutoral do musicólogo Marco Antonio de la Ossa, pola que recibe o Premio de Musicoloxía, outorgado pola Sociedade Española de Musicología (SedeM), que vén a distinguir ao mellor traballo realizado sobre temas musicais de España ou do mundo hispánico.

“La música de la Guerra Civil Española” trátase dun dos máis completos e exhaustivos traballos sobre a banda sonora da contenda, onde contrasta o silencio que atenazou á súa vertente culta e compositiva e a contraposición co fervor con que a música popular, os famosos Cancioneros, foi adoptada multitudinariamente e usada como arma esencial de propaganda, desde a retagarda á fronte.

De la Ossa, nado en Cuenca en 1978, iniciou os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de Cuenca, elixindo como instrumento o violín. Licenciado en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de Salamanca, é Doutor en Belas Artes pola Universidade de Castilla-La Mancha. Xornalista e crítico musical en Ondacero, preparador de oposicións e director artístico do Estival Dawat Cidade de Cuenca. 


This entry was posted on lunes, 8 de julio de 2013 and is filed under ,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.