Conferencia | Proxecto Recuperación Patrimonio

Coa colaboración da Biblioteca Municipal de Tui







Milagros Bará Viñas presenta o Proxecto virtual de recuperación do patrimonio musical galego dos séculos XIX - XX
Xoves 08 de agosto, ás 20.00h · Sala capitular (entrada libre até completar aforo)

O Proxecto Virtual Recuperación do Patrimonio Musical Galego Séculos XIX-XX é unha iniciativa persoal, única no seu xénero, que nace en 2010 cun espírito vivo de compartir documentos e información (inédita, de baixa difusión ou de difícil acceso) nunha rede social como Facebook.

Un museo virtual -na actualidade unha das maiores plataformas destas características- que conta coas achegas e comentarios de musicólogos e estudosos, nacendo un intercambio a partir das fotografías, documentos ou datos, publicados -en ocasións incluso- polos propios familiares dos músicos que forman parte da nosa historia.

E esa é unha das relacións da súa fundadora Milagros Bará Viñas coas artes: o vínculo familiar co violinista pontevedrés Manuel Quiroga Losada (1892 - 1961), sendo depositaria do seu legado epistolar inédito, gardado coidadosamente ao longo dos anos á espera da súa publicación.

Bará Viñas é guionista e directora de longa traxectoria, con títulos como Autopsia (2003), O resplandor da morte (1991), ou María Soliña (1987), participando como xurado en diversos festivais de cinema. 

Desde fai tres anos compaxina a súa actividade como Community Manager en diferentes proxectos de campos moi dispares, como o da moda, financeiro, asociacións culturais e de recuperación de patrimonio.


This entry was posted on lunes, 8 de julio de 2013 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.