Itinerario Artístico-Musical

Coa colaboración da Asociación de Amigos da S. I. Catedral de Tui








Itinerario artístico-musical, da man de Suso Vila e Daniel Goberna
A ICONOGRAFÍA MUSICAL NA S. I. CATEDRAL DE TUI
Sábado 10 de agosto, ás 12.00h · Catedral (entrada libre até completar aforo)

A música forma parte fundamental do desenvolvemento artístico e histórico da Catedral de Tui. As necesidades litúrxicas, os oficios e cerimonias no principal templo da Diócese tudense, motivaron a creación de espazos e instrumentos para a exaltación de Deus. A arte tamén se ve impregnada de referencias musicais, polo que trazar un percorrido histórico-musical permitirá coñecer non só a historia do edificio, senón tamén a súa función, especialmente no seu mobiliario barroco, que aínda ofrece esta estreita relación interdisciplinar entre a arte e a música.

Suso Vila. Licenciado en Xeografía e Historia pola UNED, posgrao en historia e master en arte pola Universidade de Santiago de Compostela, publicou numerosos libros e artigos sobre a historia de Tui e a súa comarca, varios deles premiados como A cidade de Tui na Baixa Idade Media (2008) ou A Casa de Soutomaior 1137-1532 (2009). As súas investigacións actuais céntranse na fronteira do Miño e as súas implicacións históricas, sociais e urbanísticas.

Daniel Goberna Sanromán. Comeza estudos de música na especialidade de piano aos 8 anos. Cursa a carreira no Conservatorio Superior de Música de Vigo, sendo D. Enrique Goberna o seu profesor e termina co concerto final de carreira no 2007 á vez que comeza neste curso os estudos eclesiásticos no Seminario Maior. Realizou distintos cursos de piano e órgano. Compaxinou a súa tarefa de estudante tamén coa docencia. Ordenado sacerdote o pasado 30 de xuño nesta S. I. Catedral de Tui.


This entry was posted on martes, 9 de julio de 2013 and is filed under ,,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.