CONFERENCIA | HISTORIA DA MÚSICA EN GALICIA

Coa colaboración da Biblioteca Municipal de Tui







Lorena López Cobas presenta a Historia da Música en Galicia
Mércores 07 de agosto, ás 20.00h · Sala capitular (entrada libre)

O libro que o lector ten nas súas mans pode dicirse, sen temor a equivocarnos que non é ‘outra’ Historia da Música en Galicia, senón que, de momento e quizáis por moitos anos, será ‘a’ Historia da Música en Galicia á que todos os eruditos, afeccionados e lectores en xeral, acudirán para ilustrarse, descubrir un mundo case descoñecido, buscar información puntual sobre os mil e un aspectos diversos do noso pasado musical” M. Pilar ALÉN, Universidade Santiago de Compostela

Para construir de forma consciente o noso presente, debemos de coñecer en primeiro lugar o noso pasado. Agora, unha nova e ambiciosa publicación editorial achéganos a evolución da música en Galicia, dende a prehistoria até os nosos días, gracias ao traballo da musicóloga Lorena López Cobas e a editorial Ouvirmos -quen celebra así os seus dez anos de existencia-.

Lorena López Cobas (Lalín, 1979) é titulada superior en Frauta Travesa, licenciada en Historia da Arte e licenciada en Historia e Ciencias da Música, obtendo o Premio Extraordinario Fin de Carreira en ambas licenciaturas. No ano 2005 obtén o Primeiro Premio Nacional en estudos de Historia e Ciencias da Música, concedido polo Ministerio de Educación e Ciencia. Na actualidade traballa na súa tesis doctoral, centrada no estudo sobre o comerciante musical coruñés Canuto Berea Rodríguez (1836 – 1891).


This entry was posted on miércoles, 3 de julio de 2013 and is filed under ,,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.