María J. Pazo asina o Cartel 2013

[29.VII.2013] Presentamos con ledicia o cartel dos nove anos de Música no Claustro. Unha creación asinada pola deseñadora tudense María J. Pazo, que nace a partir da transfiguración dos característicos arcos do claustro, ofrendo unha nova perspectiva dos mesmos, onde a mixtura de cores e combinacións xeométricas representan o variado e ecléctico programa da novena edición de Música no Claustro.

María J. Pazo (Tui, 1988) é alumna de deseño gráfico na Escola Antonio Failde de Ourense, e ten realizado anteriormente diferentes deseños para ciclos de conferencias e exposicións na S. I. Catedral.


This entry was posted on lunes, 29 de julio de 2013. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.