CONCERTO | MÉTODO CARDIOFÓNICO

Baixo o auspicio da Concellería de Cultura do Concello de Tui










“É un dos revitalizadores da zanfona e un dos responsables da súa incorporación á música viva do noso tempo. Coñece o seu folclore e mergullouse nel, pero ama todas as músicas e tamén son súas. É un improvisador excepcional e un intérprete intenso, que non distingue tocar de crear” Xabier REKALDE, El País.

En concerto Germán Díaz, presentando o seu Método Cardiofónico
Mércores 07 de agosto, ás 21.00h · Claustro gótico (entrada libre até completar aforo)

Método Cardiofónico. Latexos de corazón en vinilo, instrumentos mecánicos e zanfona. O novo espectáculo musical de Germán Díaz está basado nos ritmos de latexos do corazón que o doutor Iriarte gravou nos anos corenta e editou en vinilo co nome de Método Cardiofónico. Tomando como base estes latexos, crea un universo sonoro único cos instrumentos mecánicos que utiliza e que len os cartóns perforados nos que Díaz escribe as melodías. O playasax, a rolmónica cromática, o órgano de barbaría e a caixa de música, únense á manivela da zanfona, e á gravación de loops en directo para camiñar entre a improvisación e a rixidez dos cartóns perforados.

A música de Germán Díaz (Valladolid, 1978) non coñece de fronteiras, tendo actuado en todo o mundo, dende o European Jazz Night Festival de Oslo á Fundación Miró de Barcelona, do ConcertGebaum de Amsterdan ao Teatro Real de Marrakech. En 1999 foi galardoado co premio Racimo de Ouro da música pola súa labor de recopilación e difusión da música tradicional, e en 2006 representa a España no Festival da Unión Europea de Radiodifusión (UER).

No ano 2004 crea a súa propia compañía discográfica, Produccións Efímeras, xunto a Fernando Fuentes, na que dan unha especial atención a proxectos de zanfonistas como Marc Egea ou Matthias Loibner. Son incontables as súas gravacións discográficas, así como produccións propias, ao igual que a participación en bandas sonoras de teatro ou películas, como a recente BSO de Zeltia Montes para a película Vilamor, de Ignacio Vilar.

 

This entry was posted on miércoles, 3 de julio de 2013 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.