IV Ciclo de novos intérpretes JLMusica




IV Ciclo de Novos Intérpretes JLMúsica
07 ao 10 de agosto, prealudium ao concerto das 21.00h · Claustro Gótico
Colabora: Escola Municipal e Conservatorio Profesional de Música de Tui · Dos Acordes 

A tenda de musica JLMúsica presenta o IV Ciclo de novos intérpretes, onde os estudantes de música tudenses terán a oportunidade de compartir o seu traballo realizado durante o curso académico diante dun público atento, agradecido coa súa entrega, e bastante especial... xa que algúns dos asistentes serán membros da súa familia, os seus veciños e amigos. En apoio a súa formación, o equipo de JLMúsica ofrece una beca a cada un dos participantes, xunto á nova colaboración da empresa Dos Acordes, coa entrega dun lote de partituras.


Mércores, 07 de agosto | Sandra Pérez Míguez - Percusión 
Pazos de Reis (Tui), 1992. Comeza os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Tui na especialidade de percusión. Actualmente continúa os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, xunto ao Grao de mestra en educación primaria. Forma parte da Banda de Música Popular de Tui e da Banda de Música da Casa do Povo de Tangil (Portugal), así como do Grupo de Baile Inquedanzas de Pazos de Reis (Tui).


Xoves, 08 de agosto | Sergio Alonso Pazo - Guitarra Clásica
Tui, 1998. Comeza os seus estudos de guitarra eléctrica na Escola Municipal de Tui no ano 2009 co profesor Plácido Montenegro. E no 2012 comeza a sua andaina coa guitarra clásica co profesor Gabriel Silvera. Móstrase por primeira vez en público o pasado mes de xuño no II Recital de xóvenes músicos, organizado pola galería de arte Trisquel e Medulio de Tui.


Venres, 09 de agosto | Lucía Vicente Martínez - Violoncello
O Rosal, 1994. Comeza os seus estudos musicais na Escola da Agrupación Musical do Rosal cos profesores Luis Caballero Varona e Javier Alonso Pérez. Actualmente continua formándose no Conservatorio Profesional de Música de Tui, é membro da Banda da Agrupación Musical do Rosal e colabora coa Orquesta Lira, a Orquesta Xove 430 e a Orquesta 430.


Sábado, 10 de agosto | Juan M. Cao González - Saxofón
Cartelle (Ourense), 1989. Comeza os seus estudos musicais na Banda Municipal de O Porriño. Tras o seu paso polo Conservatorio Profesional de Música de Tui con Jorge Vicente Amorín, continúa a sua formación na actualidade no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Imparte clase de saxofón nas escolas da Banda Escola de Música Unión Cultural de Campo Lameiro e na Agrupación Musical de Belesar. Colabora con diferentes agrupacións, como a Banda Xuvenil de Xinzo ou a Orquesta Clásica de Vigo.


 

This entry was posted on lunes, 8 de julio de 2013 and is filed under ,,,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.