OBRADOIRO | OS SENTIDOS DE GARCÍA

Baixo o auspicio da Viñoteca de García










¿A qué cheira a nosa contorna?
Obradoiro de sensibilización con Marina García
Mércores 07 de agosto, de 12.00h a 13.30h · Xardíns do claustro gótico
Nen@s entre seis (06) a doce (12) anos, con inscripción libre até un máximo de 20 prazas
contacto@musicanoclaustro.com / 986.600.511


Todo cheira, todo arrecende. Pero na meirande parte dos casos non nos decatamos dos ulidos que conforman o mundo. Porque non todos sabemos cheirar. E mesmo cando cheiramos, cada un de nós o fai dun xeito diferente. Educar o olfato dos máis cativos é fundamental para que poidan explotar o inmenso potencial do detector máis sensible que posúe o ser humano, o seu nariz, un mecanismo único capaz de transportarnos a un mundo de sensacións, moitas veces descoñecidas.

Que os nenos aprendan a cheirar e recoñecer os aromas do mundo que os rodea, a distinguir plantas e alimentos usando tan só o seu olfato é o obxectivo deste obradoiro, que a través do xogo e das emocións pretende educar e sensibilizar aos máis cativos.

Presentado por Marina Cruces García catadora e membro da Asociación Galega de sumilleres AGASU.

This entry was posted on jueves, 4 de julio de 2013 and is filed under ,,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.