Artesanía | Porta da Pía










[31.VII.2013] Porta da Pía, o novo espazo tudense adicado á artesanía tradicional e contemporánea galega de autor, estará presente en Música no Claustro dunha forma activa e totalmente persoal. Cada xornada acercarán ao público asistente diferentes pezas e creacións dos artistas contemporáneos galegos máis destacados, obras de arte nas que se combina a tradición coa modernidade. Ver programa completo...



Porta da Pía -artesanía-
Mostra e presentación de artesanía galega contemporánea
07 ao 10 de agosto - 21.00h | Claustro Gótico


Mércores, 07 de agosto | Artesanía téxtil
Ilda Amoedo e Rafael González
Ilda Amoedo e Rafael Gonzalez crean en 1998 o Centro de recuperación e difusión da cultura popular no Concello de Ponteareas, onde teñen o su obradoiro e museo, no Castelo de Vilasobroso. Recuperar a memoria colectiva, expresada a través de usos e costumes que tradicionalmente teñen identificado a nosa cultura popular, xunto á propia divulgación da nosa cultura son os dous obxetivos principais do proxecto. La e liño, como materiais máis arraigados no téxtil galego, son os máis utilizados nas súas pezas.


Mércores, 07 de agosto | Olería tradicional de Gundivós
Gundivós é unha parroquia do municipio lucense de Sober, que outrora foi coñecida como a terra dos cacharreiros. O alcume procedía da súa tradición oleira. Desta pequena aldea rural, a principios do século pasado, saían carros de vacas cargados de pezas de cerámica con destino ás feiras da comarca de Lemos e inclusive á de Caldelas, onde se comercializaba esa apreciada produción artesá. Elías González, tal como se fixera xeración a xeración, aprendeu da man de Agapito, o último alfareiro que se adicaba enteiramente á olería. Elías, comprometido por continuar coa difusión dunha cultura tradicional e propia, abandona o seu traballo anterior, sendo na actualidade o último alfareiro que transmite íntegramente a tradición oleira de Gundivós.


Xoves, 08 de agosto | Escultura cerámica
Miguel Santamaría
O dominio técnico alcanzado polo artista Miguel Santamaría permítelle elevar a porcelana á categoría de arte. Os seus novedosos deseños, atractivos e vangardistas, fan do seu traballo unha importante referencia na Península Ibérica. "No meu traballo vou recollendo esas cousas xeralmente pequenas, sinxelas, efémeras, que encontradas no camiño, me conmoven, gozo e fanme sentir en contacto e formando parte do mundo. Xero diálogos, vínculos, complicidades, entre materiais, formas, sensacións e vou tecendo así unha trama coa que intento transmitir un determinado estado de ánimo, que se insinúa detrás das formas, para poder crear resonancia entre a obra e o observador e poder así acceder a un estado fóra do tempo. A porcelana é a terra e unha mirada en branco, a madeira crece sobre a terra é unha ponte entre esta e o ceo, a materia e o espírito. Non fai falta dicilo todo, basto con insinualo, o observador achega o que falta. Todo esta na mirada, todo depende do sentimento".


Xoves, 08 de agosto | Zocos
Elena Ferro é a terceira xeración de zoqueiros da sua familia. Grazas á combinación da marroquinería coa elaboración dos zocos, Elena e a súa familia, baixo a marca eferro, manteñen vivo un oficio tradicional actualmente en existinción, facendo del un modo de vida.  Modificou o uso tradicional dunha peza creada para cubrir unha necesidade básica convertindóa nunha peza adaptada ás tendencias actuais da moda, creando unha nova liña de zocos realizada con deseños e cores atrevidos, inspirados na natureza e no mundo animal, como os zocos ”voa mariquiña voa”, galardoados co Premio Artesanía Contemporánea Antón Fraguas, onde o xurado premiou a visión contemporánea, refrescante e sen complexos, demostrando que a tradición e a modernidade son perfectamente compatibles.


Venres, 09 de agosto | Pequenas pezas de arte
Pepa Loba é o nome artístico da ilustradora e creadora Nuria Figueiredo. Do seu obradoiro situado nas rúas tudenses, saen pequenas pezas de arte creadas e deseñadas con todo cariño e detalle, convertidas en obxetos de uso para formar parte da vida cotiá. Entre estas pequenas pezas de arte, de especial carácter e personalidade,  podemos atopar broches, bolsos de tea, camisetas, cerámicas, láminas ou monecos de trapo.


Sábado, 10 de agosto | Arte en pel
Cabuxa é un taller especializado na aplicación de ilustracións orixinais de artistas sobre artículos de pel. Un laboratorio de ideas, onde arte e artesanía van da man. Bolsos, carteiras, cadernos e outros obxetos realizados coa calidade e exclusividade da artesanía, sirven de soporte á imaxinación do artista. Obxetos útiles que sirven e que tamén seducen. Cabuxa aposta por un proxecto en constante evolución, que apoia a promoción e difusión da arte contemporánea nos seus deseños, onde xunto á creación de artistas de consolidada traxectoria conviven as ilustracións asinadas polos artistas máis novos.


Sábado, 10 de agosto | Percusión tradicional
José Manuel Salvado Sanín é na actualidade un dos artesáns de maior prestixio internacional no campo da construcción de instrumentos de percusión tradicional. Tras catro anos de iniciación, onde compaxina os seus estudos coa fabricación de instrumentos musicais, en 1994 abre o seu propio taller, no que como ben marca a tradición xeracional, as madeiras elixidas son o pino e a nogueira. Recentemente, Sanín comezou cunha nova colección de pandeiretas decoradas, que nacen dos parámetros prestablecidos pola tradición.



This entry was posted on miércoles, 31 de julio de 2013. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.