Presentación verán cultural tudense

[15.VII.2013] Música no Claustro, dentro da axenda cultural estival do Concello de Tui. O pasado venres 12 de xullo, tiña lugar a presentación da Axenda Cultural tudense para este verán. O acto presidido por Vanesa Rodríguez -Concelleira de Cultura do Concello de Tui-, Andrea González -Directora do IKFEM-, Ramón Araújo -organizador da Noite Internacional do Miño- e Samuel Diz -director do festival Música no Claustro-. Vanesa Rodríguez destacou o número de actividades, máis de 19, que inclúe a axenda e que terán lugar durante o periodo estival, subliñando a importancia das tres actividades representadas durante o acto. Durante a sua intervención, Samuel Diz relevou o crecemento e desarrollo alcanzado por Música no Claustro, que tal e cómo comezou “continúa apostando por xente da casa e pola creación contemporánea con acento galego”. Neste sentido, Samuel Diz destacou a coproducción do novo proxecto audiovisual rodado por aCadaCanto durante os últimos meses na Catedral de Tui, como remate a unha residencia de tres anos no festival. Así mesmo, o músico tudense Samuel Diz destacou a nova incorporación de Xacobeo Galicia como novo patrocinador do festival, confirmando a aposta polo turismo cultural de calidade impulsado dende Música no Claustro.

This entry was posted on lunes, 15 de julio de 2013 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.