Programa 2013 | Creación Contemporánea Galega

[01.VIII.2013] A S. I. Catedral de Tui organiza unha nova edición de Música no Claustro. Durante cinco días, a música é a protagonista principal dun encontro artístico inderdisciplinar que da vida ao conxunto catedraliceo, tendo como escenario principal o claustro gótico, un marco arquitectónico e artístico cheo de historia e espiritualidade.

Xunto á música, diferentes propostas de danza, artesanía, moda, deseño, investigación musicolóxica e visitas guíadas, convivirán baixo o leitmotiv dos nove anos de Música no Claustro: a Creación Contemporánea con acento galego. Unha creación contemporánea liderada por aCadaCanto e o seu novo proxecto 'A Rosa d'Adina' en homenaxe a Rosalía de Castro.

Tras a apertura do ciclo dan man do zanfonista jazz Germán Díaz co seu 'Método Cardiofónico', atopamos entre outras propostas, o rap de Aíd, a poesía de Silvia Penas, a visita de Música en Compostela ou o proxecto 'Guitarra Clásica Galega' do guitarrista tudense Samuel Diz. Musicolóxicamente, a presentación da 'Historia da Música en Galicia' de Lorena López Cobas, o Proxecto Virtual de Recuperación do Patrimonio Musical Galego séculos XIX-XX con Milagros Bará Viñas, ou Marco Antonio de la Ossa (Premio Nacional Musicoloxía 2009) coa 'Música na Guerra Civil Española'. Xunto á artesanía de Elías González, Elena Ferro, Cabuxa ou Sanín, como experiencia única e exclusiva, as visitas guíadas nocturnas ao triforio e cuberta da Catedral á finalización dos concertos.

Agradecemos o apoio e compromiso dos nosos patrocinadores. O propio Cabildo da S. I. Catedral de Tui, a Concellería de Cultura do Concello de Tui, e como novidade nesta edición, a Xunta de Galicia, a través de Xacobeo.

This entry was posted on miércoles, 31 de julio de 2013. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.