Recital poético | Silvia Penas

Coa colaboración da Radio Municipal de Tui







Recital poético de Silvia Penas
Venres 09 de agosto, ás 21.00h · Claustro gótico (entrada libre até completar aforo)

Silvia Penas é profesora de lingua e literatura galega pola Universidade de Vigo. A súa obra poética é editada e premiada en continuas ocasións, destacando o certame para creadores novos da Xunta de Galicia Gzcrea, coa serie de poemas A tiranía do des. En 2010 publica en coatoría con Elvira Riveiro, o poemario Biografía da multitude, premio Victoriano Taibo 2009. No presente ano publica As uñas crecen, poemario gañador do certame Manuel Luriro Rey de poesía, e como editora As xeórxicas do pan, de Otero Pedrayo.

Desde 2002 participa en numerosos recitais como membro do colectivo Redes Escarlata. Referente no movemento poetry slam galego tras gañar nos Slams de Vigo e Arousa, é seleccionada para participar no Gran Slam Internacional de Barcelona que se celebrou en marzo de 2013, e recenetemente no Poetry Slam Nacional de Madrid.

Actualmente é membro de diversos proxectos literarios e musicais como o obradoiro infantil Ola ríos, ola fontes, promovido pola Área de Normalización Lingüística do Concellode Vigo, o proxecto Tristecentos versos (xunto cos poetas Elvira Riveiro e xabier Xil e a DJ Carina Posse) e Cinta Adhesiva, un espectáculo poético musical co músico Jesús Andrés Tejada.


 

This entry was posted on lunes, 8 de julio de 2013 and is filed under ,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.