Clausura Música no Claustro 2013

[12.VIII.2013] O domingo 11 de agosto, tiña lugar a clausura da IX edición do festival Música no Claustro despois de cinco días cheos de emocións e experiencias. A novena edición do festival finalizaba con máis de 1800 participantes que se achegaron ata o claustro gótico da S. I. Catedral de Tui para disfrutar dos diferentes obradoiros, conferencias, concertos e visitas guiadas.

Nos obradoiros realizados durante as mañás do mércores, xoves e venres Os sentidos de García a cargo de Marina Cruces García, e Constrúe o teu instrumento a cargo de Laia Pujol, asistiron máis de 50 rapaces para vivir novas experiencias, como son educar o noso olfato ou aprender a construir un instrumento coas nosas propias máns a partir de material de refugallo. (seguir lendo...)

Ás conferencias que tiveron lugar na Sala Capitular de mércores a venres, veáse; Historia da Música en Galicia con Lorena López Cobas, Proxecto Virtual de recuperación do patrimonio musical galego dos séc. XIX – XX a cargo de Milagros Bará Viñas, e A Música na Guerra Civil Española con Marco Antonio de la Ossa asistiron ao redor de 30 personas a cada unha delas.

En canto os concertos celebrados no lusco e fusco no Claustro gótico, dicir que tiveron unha gran e boa acollida polo público. A pesares da variedade de estilos que tiveron collida no noso escenario; jazz a cargo de Germán Diáz, guitarra clásica con Samuel Diz, rap con Aíd, recital poético con Silvia Penas, canción contemporánea galega da mán de aCadaCanto e microconcertos de violín, cello, órgano e polifonía no Paseo Musical protagonizado polos alumnos de Música en Compostela, estos todos gozaron dun amplo público, contando cunha media de 300 espectadores por concerto. Ademáis destacar a mixtura de idades entre os nosos espectadores, o que nos permite comprobar que a música non é cuestión de idade, senón de sentimento.

O compromiso no apoio aos novos intérpretes locais continou vixente dentro do Ciclo JLMúsica, ao que nesta edición tamén se uniu a Editorial Dos Acordes. Así participaron Sandra Pérez, Sergio Alonso, Lucía Vicente e Juan Manuel Cao. Igualmente unha homenaxe a toda unha vida adicada á música a Adolfo Besada (Tui, 1954).

Tres actividades e unha mostra de artesanía completaron o cartel de actividades: unha sesión de breakdance na Praza de San Fernando, un itinerario artístico-musical e catro visitas guiadas nocturnas ao triforio, cubertas e campanario da Catedral que despertaron o interés dos asistentes, completando o aforo en todas elas, e a presentación de diferentes creacións contemporáneas galegas asinadas por artesáns galegos, da man de Porta da Pía.

Así Música no Claustro tras nove edicións segue crecendo en espectadores, calidade e repercusión mediática. É dicir, non seguimos soamente creando senon tamén medrando pasiño a pasiño.

Grazas ao Cabildo da S.I. Catedral de Tui, ao Concello de Tui e a Xacobeo por patrocinar Música no Claustro, ao igual que a longa lista de colaboradores que fan deste encontro de emocións unha realidade.

This entry was posted on martes, 3 de septiembre de 2013. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.