10 anos de Música no claustro

Música no claustro celebra o seu 10º aniversario levando música e literatura galega a Cuenca e Zimbabwe

O grupo aCadaCanto presentará A Rosa d'Adina, proxecto creado e presentado en Música no claustro 2013 co gaio do 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. 

O festival Música no Claustro, organizado pola S.I. Catedral de Tui e dirixido polo músico tudense Samuel Diz, celebrará o vindeiro agosto o seu 10ª aniversario. Sen perder de vista a esencia inicial no apoio aos músicos locais, Música no claustro evoluciona de xeito orgánico ata se converter nun evento de referencia en Galicia e no norte de Portugal, pola súa particular programación interdisciplinar, con especial atención nas identidades histórico-socioculturais do país dende unha óptica contemporánea, coa música como disciplina vertebral dos seus contidos.

Nesta línea, Música no claustro 2013 apoiou a creación do proxecto audiovisual A ROSA d'ADINA, rodado por Karlos Abal no xardín da S.I. Catedral de Tui, xunto coa productora Músicas de Salitre e o auspicio do Xacobeo, tendo lugar a súa presentación en concerto no propio claustro gótico, lusco e fusco que contou con máis de 400 asistentes.

Os seus integrantes, Guadi Galego, Xabier Díaz, Xosé Lois Romero e Guillerme Fernández, serán agora os protagonistas do novo reto de Música no claustro: a distribución e exportación de A ROSA d'ADINA a nivel supra-autonómico e internacional. Así, a poesía de Rosalía e música de aCadaCanto chegarán por vez primeira ata Cuenca e Zimbabwe.

A primera das citas terá lugar entre o 29 de abril e o 04 de mayo, no Harare International Festival of the Arts - HIFA, coa colaboración de AC/E - Acción Cultural Española. Fundado en 1999 polo músico Manuel Bagorro, HIFA fíxose ano a ano cunha gran acollida por parte do público, artistas e medios de comunicación, contando na última edición con máis de 800 artistas acreditados e 60.000 asistentes chegados dende os cinco continentes do planeta. A súa variada programación é un canto á esperanza da poboación local, con diversos concertos, dende música clásica, ópera, pop o world music, a danza, teatro, moda, artesanía ou obradoiros para os máis cativos, sempre con especial atención e espacio para actuacións que amosan as tradicións do país aos visitantes. Xunto a aCadaCanto, chegará dende o país veciño o prestixioso dúo formado por Maria João e Mário Laginha, presentados pola Embaixada de Portugal e o Instituto Camões.

Xa no mes de xullo, aCadaCanto actuará no ESTIVAL CUENCA, precedido polo grupo conquense Fizzy Soup. Fundado e dirixido polo musicólogo Marco Antonio de la Ossa, ESTIVAL CUENCA é un ciclo que chea de música cada rincón da Cidade Patrimonio da Humanidade pola Unesco, e que comparte con Tui o feito de seren ambas cidades do Camiño de Santiago.

Música no Claustro inaugura así estos 10 anos de existencia initerrumpida como plataforma de exportación da nosa marca Galicia, tras un proceso de creación, presentación e distribución de novos proxectos artísticos. 10 anos nos que segue presente a búsqueda de novos retos e emocionantes experiencias, xunto á aposta pola expansión da nosa música contemporánea.


This entry was posted on miércoles, 23 de abril de 2014. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.