XINCANA MONUMENTAL CON CARLA DIZ


Xoves 7 ás 12h.
Catedral
Participación libre baixo orde de chegada até completar as 20 prazas.
Nenas e nenos de 6 a 12 anos

Atopa o tesouro, a peza máxica que falta para a construción da xoia que están facendo os maiores no obradoiro de ourivería. Tes que prestar atención e seguir con imaxinación as pistas que se agochan na Catedral, no Claustro, nos xardíns e nas rúas de Tui.

Graduada en Ciencias da actividade física e do deporte, e Master Universitario en actividades físico deportivas, persoas con discapacidade e integración social, Carla Diz ofrecerá esta interesante actividade por vez primeira en Música no claustro, tras a súa ampla experiencia como monitora de tempo libre en diferentes campamentos.


This entry was posted on sábado, 26 de julio de 2014 and is filed under . You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.