CONCERTO | ANXO PINTOS E ANTÓN CORRAL

Concerto en homenaxe ao mestre da música tradicional galega Antón Corral.

Sábado 9 ás 21.30h.
Claustro Gótico
Acceso libre até completar aforo

O músico e percusionista tudense Ramón Corral comparte palco nunha noite para a memoria e emocións colectivas co recoñecido músico vigués Anxo Pintos, cofundador da Banda de Gaitas Xarabal, do grupo Matto Congrio e Berrogüetto, na actualidade mestre de zanfona da e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo) e membro coordinador da Orquestra Folk de Galicia SondeSeu. O obradoiro de Instrumentos Musicais Populares Galegos fundado polo mestre e neste momento dirixido, dende o barrio de San Bartolomé de Tui, por Ramón Corral, convértese de forma máxica no enlace destas dúas xeracións que continúan o ronsel e o bo facer de Antón Corral e contaxian os valores e o amor pola música e instrumentos da cultura popular galega, como a gaita e a zanfona.






This entry was posted on sábado, 26 de julio de 2014 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.