CONCERTO | FERNANDO BUIDE

Concerto en memoria ao Pai Rosendo Salvado (1814-1900)

Venres 8 á media noite, 00:00h.
Catedral. Órgano
Acceso libre até completar aforo

Á media noite, coa Catedral iluminada pola Lúa chea entrando polos diferentes rosetóns, Buide ofrécenos un intimista e emocionante recital de órgano adicado ao Pai Salvado. Xunto a “Preludio e Fuga” do alemán J.S. Bach, a “Toccata da Natividade do Señor” do francés Olivier Messiaen, Buide recupera pentagramas orixinais do músico tudense do XIX, sobre os que crea unha inédita partitura na súa memoria. Activo intérprete e creador, nado en Santiago de Compostela e Doctor en Música pola americana Yale University, cuxa laboura compo- sitiva ven de ser galardoada co VII Premio AEOS-BBVA, Fernando Buide protagoniza esta experiencia única e irrepetíbel.


This entry was posted on sábado, 26 de julio de 2014 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.