CONCERTO | LULAVAI

Sábado 9 ás 21.30h.
Claustro Gótico
Acceso libre até completar aforo

As andainas de Lulavai comezan na Escola de Artes e Oficios de Vigo onde as catro compoñentes da formación entran en contacto. Paula Oanes, Josefa Fernández, Lorena Reinaldo e Elena Paz estudan arpa celta co profesor Rodrigo Romaní e forman parte da Orquestra Folk de Galicia SondeSeu. A finais de 2007 crean Lulavai, un novo proxecto no que a sonoridade de catro arpas e catro voces fúndense para interpretar de forma persoal temas tradicionais e de composición propia que recollen no traballo discográfico “Cor das verbas”, co que agora chegan a Música no claustro.

➤ www.facebook.com/lulavai


This entry was posted on sábado, 26 de julio de 2014 and is filed under ,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.