EXPOSICIÓN | “12 SAPOS PARA 12 MULLERES”

Exposición de ourivería por Susi Gesto
Claustro Gótico
Aberto ao público durante as actividades no Claustro Gótico (concertos e obradoiros)
Acceso libre

Esta exposición traslada ao visitante o especial interese de Susi Gesto polo Sapo, peza raíña da ourivería tradicional galega. Un interese que “vai máis alá das súas formas, do porqué da súa denominación, do porqué da súa importancia simbólica e de outros moitos máis porqués... Ademais da importancia da súa descontextualización da vestimenta tradicional e do traslado deste á actualidade”. Unha vez máis, tradición e contemporaneidade camiñan xuntas da man, dunhas mans femininas que atopan nestes 12 Sapos “mulleres con nome propio, fantásticas mulleres cos seus defectos e virtudes que queren falar de algo, quizais a historia das súas antecesoras, e mesmo a súa propia historia, preparando unhas fortes raizames para o que estaba por vir”. 12 Sapos, 12 mulleres, 12 santas, 12 arcos, unha exposición doce para os sentidos e as sensibilidades da alquimia de Susi Gesto.



This entry was posted on sábado, 26 de julio de 2014 and is filed under ,,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.