OBRADOIRO OURIVERÍA CON SUSI GESTO

Xoves 7 e Venres 8 de 10h. ás 14h. e o Sábado 9 de 17h. ás 20h.
Claustro Gótico
Inscrición valorada en 24€
Imprescindíbel reservar praza no teléfono 652 055 969
Máximo 12 persoas a partir de 18 anos

No obradoiro de ourivería artesanal crearemos entre todos a peza raíña da ourivería galega, o Sapo. Realizaremos unha xoia de ourivería seguindo as técnicas ancestrais onde cada un de nós fará unha parte. Traballamos co lume, coa alquimia e co movemento dos metais, e sobre todo traballamos coa importancia da simboloxía, empregando a ourivería como ferramenta de expresión. Uniremos simbolicamente dúas cidades de antiga e enorme importancia na nosa cultura, Compostela e Tui, legando este Sapo, peza propia da ourivería Compostelá, ao museo da Catedral de Tui.



This entry was posted on sábado, 26 de julio de 2014 and is filed under ,,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.