OBRADOIRO DE XOGUETES NATURAIS

Venres 8 ás 19h.
Praza de San Fernando
Participación libre
Nenas e nenos a partir de 5 anos (animamos a que veñan cos seus avós e avoas)

Paus de madeira, follas, herbas, flores... son os materiais utilizados para que poidas fabricar o teu propio xoguete. Detrás de todas estas “argalladas”, atopamos un forte compromiso coa defensa do medio ambiente, pero sobre todo un devezo profundo de recuperación e posta en valor do noso xoguete popular e tradicional. Animamos a que acudan os avós e as avoas para que poidan revivir xunto cos seus netos e netas como construír un guerreiro de landra, un gorro de follas de castiñeiro ou unha boneca de papoula.

Coa colaboración da Editorial Ouvirmos

This entry was posted on sábado, 26 de julio de 2014 and is filed under ,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.