30 participantes no V Ciclo JLMúsica-DosAcordes

Música no Claustro é un festival de música como arte social e interdisciplinar que aposta polas novas xeracións musicais tudenses e da contorna. Este compromiso materialízase un ano máis a través do Ciclo JLMúsica-Dos Acordes no que participan os estudantes da Escola e Conservatorio Profesional de Música de Tui.

A V edición do Ciclo JLMúsica-Dos Acordes conserva a orixe e primeira esencia de Música no Claustro: que os músicos locais poidan compartir coas súas xentes o traballo e estudo durante o curso académico musical. E para lembrar esa primeira esencia -vixente ano a ano, xunto ao bo facer do Conservatorio e o compromiso de JLMúsica e da Editorial Dos Acordes, a nosa décima edición contará coa participación de 30 estudantes do Conservatorio tudense.

Así o mércores 06 actuará Mónica López (frauta travesa), o xoves 07 un grupo de clarinetes e de vento metal, e o sábado 09 un grupo de música tradicional (gaitas, tamboril, pandeireta e bombo). Todos os concertos celebraranse no Claustro Gótico da Catedral e o acceso será libre ata completar aforo.

© Foto José Luis Luque Puértolas


This entry was posted on lunes, 4 de agosto de 2014 and is filed under ,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.