Música no claustro descubre ao seu público a Catedral de noite e o Tui de Rosendo Salvado

Nesta décima edición de Música no Claustro, ao igual que aconteceu nas edicións precedentes, o festival achega ao seu público ao noso espectacular patrimonio monumental.

Así durante os 5 días do festival, grazas a colaboración do historiador tudense Suso Vila, poderemos achegarnos un pouco máis ao noso patrimonio. Así o mércores 6, xoves 7, sábado 9 e domingo 10, ao remate dos concertos, realizaranse as visitas nocturnas á Catedral con subida aos tellados, poñendo este ano ademais un punto de atención na madeira, nas súas diferentes expresións e utilidades, destacando a Matraca, instrumento musical do s. XVIII recentemente recuperada.

Para poder participar nesta experiencia única é imprescindíbel reservar praza no teléfono 652055969, xa que a actividade conta cun aforo máximo de 20 persoas por día.

O venres 8 ás 22.30h na rúa Riomuiños, Suso Vila descúbrenos o Tui que vivíu a infancia dun dos maiores persoeiros na nosa cidade, o Pai Rosendo Salvado, comezando pola súa casa natal e rema tando na Catedral, na que el mesmo ofreceu eucaristía nunha das viaxes de regreso a Galicia dende a súa Australia adoptiva. Neste caso a participación na actividade é libre.

E en tanto que Tui é una cidade do Camiño de Santiago, dende Música no Claustro queremos recibir a tódolos peregrinos. Así durante todo o festival ás 19.30h a S.I. Catedral de Tui dará a benvida aos visitantes en tránsito cunha visita guiada e una breve actuación musical que quedará na súa lembranza, sendo necesario presentar a credencial do peregrino para acceder á actividade.


This entry was posted on martes, 5 de agosto de 2014. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.