Hoxe mércores arranca a décima edición de Música no Claustro

Tal e como comezou hai 10 anos, a frautista tudense Patricia González e a súa nova formación Quinteto InVento abrirán a décima edición do festival Música no Claustro, que no seu afán de conservar a súa orixe na que os artistas locais poidan compartir o seu traballo e a súa música co público da súa vila natal, contará nesta décima edición coa participación da frautista tudense Patricia González, que será unha das protagonistas do festival.

QUINTETO INVENTO, integrado por Patricia González, Emilio Alonso (clarinete), Daniel Souto (oboe), Óscar Galán (fagot) e Alma Sarasola (trompa), actua hoxe mércores 6 de agosto ás 21.30 no Claustro Gótico da Catedral de Tui. Estes cinco intépretes galegos farannos descubrir as principais obras orixinais do repertorio para quinteto de vento madeira.

Nesta edición contaremos ademais coa participación doutro artista tudense de adopción, José Luis Luque Puértolas. Asistente asiduo ao “puzzle multicultural” de Música no claustro -como el mesmo o define-, a súa cámara fotográfica descubre con sorpresa as diversas expresións e propostas artísticas do festival nestes 10 anos, recolléndoas nunha exposición de fotografía, “INSTANTES DE MÚSICA NO CLAUSTRO”.

A creación fotográfica de José Luis poderá ser contemplada na Fototeca Estudio-taller o xoves 7 e xenres 8, das 9:30 ás 13.30h. e das 20:30 ás 21:30h, o Sábado 9 das 12 ás 13:30h, e o Domingo 10 será a clausura ás 13h. Ademais, hoxe mércores, ás 20.30 ten lugar un encontro co artista.

Entrevista ao Quinteto inVento na Radio Municipal de Tui (6.08.2014)

This entry was posted on miércoles, 6 de agosto de 2014 and is filed under . You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.