OURIVERÍA EN MÚSICA NO CLAUSTRO

A ourive Susi Gesto será a protagonista de Artesanía de Galicia nesta décima edición de Música no Claustro.

A ourive galega Susi Gesto impartirá un obradoiro no que os participantes poderán crear eles mesmos a peza por excelencia da ourivería galega, o Sapo. Así, con este obradoiro o festival e a Fundación de Artesanía de Galicia apostan pola unión simbólica de dúas cidades, Compostela e Tui, legando este Sapo, peza propia da ourivería compostelá, ao museo da Catedral de Tui ao finalizar o taller.

O obradoiro terá lugar o Xoves 7 e o Venres 8 de 10h ás 14h e o Sábado 9 de 17h ás 20h no Claustro Gótico da Catedral. Para poder participar é necerario reservar praza no télefono +34 652 055 969.

Ademáis o Sábado 9 ás 20.30, grazas á colaboración do Colexio Oficial de Xoiaria de Galicia (COXGA), Susi Gesto, compartirá con Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), un encontró-coloquio para afondar na relación da ourivería co Barroco, e as vinculacións históricas e culturais entre as xoias e a muller, así coma o mundo da xoia como elemento simbólico. Susi Gesto compartiranos a súa forma de traballar, do mesmo xeito como se leva facendo durante máis de mil anos no noso país. Coñece remos a esencia dos seus sábados de alquimia e o aporte que fai dende a súa feminidade a un oficio historicamente protagonizado por homes. 

E para comprender o especial interese de Susi Gesto, polo Sapo, peza raína da ourivería tradicional galega, Música no Claustro en colaboración con Porta da Pía artesanía ofrece a exposición “12 sapos para 12 mulleres” na que tradición e contemporaneidade camiñan xuntas da man, dunhas mans femininas que atopan nestes 12 Sapos “mulleres con nome propio, fantásticas mulleres cos seus defectos e virtudes que queren falar de algo, quizais a historia das súas antecesoras, e mesmo a súa propia historia, preparando unhas fortes raizames para o que estaba por vir”.

©Foto Artesanía de Galicia

This entry was posted on viernes, 1 de agosto de 2014 and is filed under ,,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.