Paseos nocturnos

Música no claustro ofrecerá a experiencia de coñecer o conxunto monumental catedralicio despois de cada concerto. Nesta ocasión, o foco de atención estará posto na influencia e na inspiración da cestería no deseño arquitectónico, así como nos continuos detalles artísticos en tallas e arcos, obsevados por Idoia Cuesta durante a súa residencia artística. Subiremos á Torre de Soutomaior para redescubrir a Ponte Internacional, construción emblemática, na que atopamos un perfecto trenzado de ferro voando a raia miñota. Entrada: 4 € / 25 prazas por día

This entry was posted on martes, 28 de julio de 2015. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.