#fortalezas, o claustro que (des)coñecemos (III)

© Mireia Valldecabres, 2012
El conjunto catedralicio de Tui asiste a mediados del siglo XX a su restauración medievalizante dirigida por los arquitectos Menéndez Pidal y Pons-Sorolla.
La intervención no consiste únicamente en la salvaguarda de un monumento singular sino que es concebida como la principal operación de revitalización turística de la localidad. (1)


Da man de Belén Mª Castro Fernández, doutora en Historia da arte coa súa tesis dedicada ao arquitecto-restaurador Pons-Sorolla, descubrimos o conxunto de obras e restauracións que transformaron o conxunto catedralicio tudense entre 1949 e 1972 no aspecto e identidade que hoxe coñecemos.

Xunto á completa modificación do interior de catedral, foi o traslado a Vigo da residencia oficial do bispo José López Ortiz (1944 – 1969), así como da curia administrativa e pastoral, os motivos da transformación do claustro gótico coa demolición do seu segundo andar, as reformas da Torre de Soutomaior e da Sala Capitular románica, así como a organización ambiental do xardín central.

Desta forma, o principal espazo onde na actualidade desenvolvemos Música no claustro tomaba un aspecto orixinal fai case 50 anos. Coa reconstrución de almenas e paseos de ronda desaparecidos, propios da #fortaleza medieval na que foi concebida, a catedral de Tui recuperaba o seu aspecto medieval.

Na actualidade, a catedral de Tui vive un proceso de obras e reformas, agardando unha nova transformación do seu claustro gótico nos vindeiros meses, co acondicionamento de varias dependencias para usos culturais.



(1) CASTRO FERNÁNDEZ, Belén María: «Francisco Pons-Sorolla y Arnau, arquitecto-restaurador». Santiago de Compostela: Universidade. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2007. ISBN: 978-84-9750-849-0

This entry was posted on miércoles, 20 de julio de 2016. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.