Unha 12 edición "al rojo vivo"

Vimos de presentar o programa de Música no claustro 2016!

Do 3 ao 7 de agosto abrimos as #fortalezas da catedral de Tui coma contedor e coma contido de cinco concertos, dous talleres de artesanía, actividades para nenos, visitas guiadas á cidade medieval e un insecto: a grana cochinilla. Unha edición que parte da fortaleza sagrada para navegar por auga doce ata Portugal e por salgada ata México.



Sandra Pérez, artista. Anxo Lorezo, secretario xeral da Secretaría Xeral de Cultural da Xunta de Galicia. Enrique Cabaleiro, alcalde da Cidade de Tui. Samuel Diz, director artístico do festival. Ricardo García, decano e mentor do festival. María José González, concelleira de cultura do Concello de Tui. Elena Fabeiro, xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Xacobe Martínez, conselleiro en Galicia de AIE.

This entry was posted on jueves, 28 de julio de 2016. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.