#fortalezas, Tui, cidade amurallada (II)

A guerra de Restauración da Monarquía portuguesa (1640 - 1668) tivo como consecuencia unha importante transformación urbana. Tui, lugar estratéxico nas operacións militares, desenvolveu un conxunto de #fortalezas en continua evolución.

Nesta fermosa imaxe de 1670 descubrimos o perímetro fortificado polo Conde de Humanes. Unha superficie de máis de 20 hectáreas que incluía o convento de Santo Domingo e os arrabaldes da Corredoira.

Fonte: La ciudad histórica de Tui. Suso Vila (2014)

This entry was posted on miércoles, 20 de julio de 2016. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.