A grana cochinilla. Vermello profundo.

Bosco Sori (México DF, 1970)







A grana cochinilla é unha das principais #fortalezas do México precolombino. Este insignificante parásito, creador dun vermello carmesí de prestixiosas calidades tintóreas, converteuse na chave de artistas e artesáns téxtiles. Desde Oaxaca, acollemos en Música no claustro o historiador Huemac Escalona Lüttig, doutor en Historia pola Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, con quen afondaremos no desenvolvemento da sociedade mexicana a partir deste insecto, o comercio xerado a partir del, e os diferentes usos da tinguidura: desde a indumentaria eclesiástica ás artes plásticas, desde os manuscritos e impresos colonias ás miniadas dos códices musicais, do colorante alimentíceo e da barra de beizos a un sen fin de usos cotiáns.

CONFERENCIA. Xoves 4 de agosto. Ás 18.30 h no claustro gótico da catedral de Tui.


This entry was posted on domingo, 17 de julio de 2016. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.