Entre augas: México e Portugal


Nesta 12ª edición conviamos a México e Portugal a Música no claustro. As súas identidades -patrimoniais e contemporáneas- estarán protagonizadas en concertos, na xornada de coñecemento e tamén no deseño e imaxe de #fortalezas.

Así, foi á mexicana Paloma Chapa a deseñadora do cartel que xa coñeces. A Torre de Soutomaior que vixía o claustro gótico da catedral de Tui, xunto á cor carmín, característica da grana cochinilla, son os ingredientes principais nesta creación. I é que esa grana cochinilla chegará co doutor en historia Huemac Escalona Lüttig, natural de Oaxaca, rexión do país azteca recoñecida polas súas tradicións artesanais.

Huipil atribuido a Malinche con tinguidura de grana cochinilla



En diálogo, cruzamos agora un río, o noso río: o Miño. Foi no século XII cando o Reino de Portugal comeza a súa andaina propia, cunha lingua compartida: o galaico-portugués. Esa lingua que Martín Codax musicou no pergamiño atopado fai cen anos polo libreiro Vindel. E así, case mil anos despois, recibimos ao multinstrumentista e cantautor NOISERV. Chegado desde Lisboa, é unha das máis novedosas e estimulantes propostas musicas nacidas no país veciño nos últimos anos.


This entry was posted on miércoles, 27 de julio de 2016. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.