Unha nova colaboración especial: AIEnRUTa

A 12ª edición de Música no claustro contou cunha nova colaboración especial: da man de AIE -Sociedad Española de Artistas Intérpretes y/o Ejecutantes, o acordeonista serbio Nikola Tanaskovic e o saxofonista malagueño Ernesto Aurginac Trío mostraron as fortalezas da música clásica e o jazz no claustro gótico da S.I. Catedral de Tui.


© Gus Abreu
Nikola Tanaskovic, con máis de corenta galardóns e concertos por toda Europa e Asia, é considerado como un dos acordeonistas máis prometedores da nova escena internacional. O seu programa mostrou, ás máis de 300 persoas asistentes ao concerto, as sonoridades máis innovadoras do acordeón con obras escritas orixinalmente para o instrumento, como De profundis de Sofia Gubaidulina (1931) ou as Arquitecturas do silenzo de José María Sánchez-Verdú (1968).

Entrevista en Faro de Vigo a Nikola Tanaskovic: "Me gusta estar en Tui, el Festival 'Música no claustro' rompe esquemas"

Crítica do concerto por Alfonso Armada: Nikola Tanaskovic, o cómo atravesar la noche con un acordeón


© Gus Abreu

Ernesto Aurignac, acompañado por Pedro Campos ao contrabaixo e Santi Colomer á batería, foron os protagonistas do peche de Música no claustro. As altas temperaturas da xornada e o virtuosismo do saxofonista malagueño impregnaron as pedras do noso claustro nunha clausura pluridisciplinar e vibrante do festival.

Reportaxes fotográficas do evento por Tere Freiría - Juan Ramilo e Miguel Estima.


© Gus Abreu

This entry was posted on viernes, 19 de agosto de 2016. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.