Artesanía de Galicia: Verónica Moar e Xaneco

As #fortalezas de Música no claustro mostraron por terceiro ano consecutivo un achegamento á Artesanía de Galicia no claustro gótico da S.I. Catedral de Tui.

Destacou a rápida inscrición dos participantes a estas residencias artísticas participativas mentorizadas por Verónica Moar (cerámica) e Xaneco (instrumentos de percusión), completándose as 10 plazas de ambos os talleres. Recibimos a visita de Sol Vázquez -directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia- nunha das xornadas de traballo.




  

Verónica Moar e os participantes do obradoiro acercáronse ao tratamento artesanal da cerámica. Churros e máis churros de barro como punto de partida, ata chegar á utilización de moldes e cores para realizar unha vaixela inspirada pola natureza e a ornamentación da catedral tudense.




  

Pola outra banda, e como segundo ano consecutivo, recibimos ao luthier de instrumentos galegos Xaneco. Chegado desde Outeiro de Rei e cargado de madeiras e ferramentas no seu automóbil, o obxetivo desta edición era coñecer o proceso de construción dunha pandeira, instrumento da percusión tradicional galega.









  

A organización destes talleres contou coa colaboración da tenda de artesanía tudense Porta da Pía e o apoio institucional da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, recibindo a visita de Sol Vázquez -directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia- i Elena Fabeiro -xerente da Fundación- nunha das xornadas de traballo.





This entry was posted on domingo, 21 de agosto de 2016. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.