Galicia e Portugal: O segredo do pergamiño Vindel e a #fortaleza eléctrica de Noiserv

Cruzamos agora un río, o noso río: o Miño. Foi no século XII cando o Reino de Portugal comeza a súa andaina propia, cunha lingua compartida: o galaico-portugués. Esa lingua que Martín Codax musicou no pergamiño atopado fai cen anos polo libreiro Vindel.

O grupo de cámara Pres de Cambrai xunto á actriz Charo Pita mostraron a súa proposta escénica “O segredo do pergamiño Vindel” nunha abarrotada capela das reliquias da catedral de Tui.




©María Ucieda


En diálogo, e case mil anos despois, recibimos ao multinstrumentista e cantautor NOISERV. Chegado desde Lisboa, é unha das máis novedosas e estimulantes propostas musicas nacidas no país veciño nos últimos anos, que non deixou indiferente ao público asistente ao seu concerto no claustro gótico. Outro segredo, ben gardado: a súa #fortaleza instrumental.

© María Ucieda
.


Ambos concertos, programados co apoio da Xunta de Galicia a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, contaron coa presencia de Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura.

María Ucieda


This entry was posted on lunes, 22 de agosto de 2016. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.