'Rojo' profundo de México a Cádiz

A grana cochinilla despertou a curiosidade de públicos e xornalistas nesta 12ª edición de Música no claustro. Foi ese insecto, a priori insignificante, unha das claves do mercado entre España e México desde o século XVI. A súa #fortaleza: ser un pigmento vermello de alta calidade.

Así, recibimos ao historiador Huemac Escalona, natural de Oaxaca (México) quen compartiu de forma sinxela e cercana co público asistente a súa investigación doutoral sobre a grana cochinilla: o seu descubrimento, desenvolvemento e os seus usos durante séculos ata á actualidade. I é que basta un paseo polo supermercado para observar na letra pequena dalgúns productos de alimentación: grana cochinilla.




.

Paralelamente, os máis pequenos estaba inmersos nunha gran responsabilidade: atopar a grana cochinilla agochada na catedral! Unha xincana dirixida por Carla Diz e Andrés Rosendo que tivo por obxetivo que os cativos achegasen aos maiores a proba real deste insecto.

Unha vez atopada, todos xuntos puxéronse en acción para descubrir como do sinxelo insecto nacía ese vermello profundo protagonista desta edición do festival.

 








En diálogo, viaxamos ao mundo sonoro barroco coa gaditana Irene Gómez. A súa viola da gamba, protagonista do seu primeiro traballo discográfico como solista Les amusements, encheu de paz e armonía o claustro gótico da catedral de Tui. Un concerto para a beleza dos sentidos, para a reflexión interior, un concerto no que o vermello máis profundo do noso corazón voltou dar vida a esta fantasía pétrea.








Fotografías de © María Ucieda

This entry was posted on miércoles, 24 de agosto de 2016. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.