Os corazóns dos nosos públicos

Como son os nosos públicos? Cal é o seu perfil? Canto público asiste? Que é o que máis valora? Estamos moi afeitos a que nos fagan estas preguntas, as que poderíamos contestar co polivalente depende.

O festival está vivo, latexa a diferentes tempos porque son moitos os corazóns que reúne cada noite e porque cada un deles sintoniza nunha onda diferente.

© Juan Ramilo




.
Ben é certo que a meirande parte acoden para vivilo en parella e se sinten atraidos pola música e o espazo monumental. É un festival interxeneracional onde a media de idade de 45 anos viaxa ata os 88 ou ata os 2 anos, i é que a curiosidade non ten idade nen xénero, aínda que este ano volveran ser máis mulleres que homes. Trátase de persoas grandes ou miudas dispostas a deixarse sorprender e a vivir introspectivamente unha experiencia musical, conceptual e artísitica en calquera das súas manifestacións.

O festival aviva a lembranza de experiencias pasadas de moitos asistentes noutras iglesias, conventos e catedrais de España, Francia, Portugal, Austria.. incluso en festivais de teatro, como o Festival de Teatro de Mérida, de Jazz de Madrid ou a Semana de Música Religiosa de Cuenca. Desde o Patio da Mezquita de Córdoba, o Patio de los Reyes de San Lorenzo del Escorial ou os xardíns do Alcázar de Sevilla, ata o Mosteiro de Tibães ou a Catedral de Braga.

Público viaxado e que viaxa para acudir cada edición, posto que a meirande parte dos asistentes veñen de fóra de Tui, principalmente de Galicia, facendo de Música no claustro unha das principais citas culturais da tempada estival. Esta época do ano tamén favorece a chegada de público internacional que cada ano vese incrementado progresivamente.

Xente respetuosa e amable que entende as particularidades do espazo e que chega incluso a esquecer a incomodidade das cadeiras, quedando atrapados no espazo, na música e na enerxía. Que recomendan e seguen dispostos a recomendar o festival (nun 99%) aos seus amigos, familiares e a todos aqueles que saiban apreciar o que acontece no interior do claustro.


© María Ucieda

This entry was posted on miércoles, 24 de agosto de 2016. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.